A Parcelaria de Ribadumia podería estar rematada a primeiros do 2014

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/19/parcelaria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/19/parcelaria_ribadumia_.mp4{/flowplayer} RIBADUMIA> A Xunta local da Parcelaria de Ribadumia reuniuse hoxe no Concello con representantes da Xunta de Galicia para acordar os últimos detalles da que vai a ser a concentración parcelaria neste Concello. O tema está tan avanzado que a toma de posesión provisional das fincas podería ter lugar no primeiro trimestre do ano que ven. A concentración parcelaria de Ribadumia está chegando á súa fase final; foi das primeiras en comezar a realizarse na Provincia e a día de hoxe enfila o seu último treito. Os cambios na ordenación dos terreos deste Concello do Salnés foron sustanciais. Arestora ábrese o período para que os afectados estudien os últimos planos correspondente a Lois. A partires de aí haberá tempo para as alegacións dos veciños; un proceso no que contarán con información puntual nas Casas da Cultura de Ribadumia e Lois.