RIBEIRA> Este é o lema da campaña que promove a asociación antidroga Renacer, xunto co concello, a Xunta e o Centro Hostaleiro Aberto, para evitar a venda de alcol a menores. Cada vez máis a media de idade dos mozos que se inician no consumo de bebidas alcólicas é máis baixa. Esta situación sumada ás queixas que está a recibir a entidade por parte dos pais, debido ás facilidades que teñen moitos menores para adquirir este tipo de bebidas, é unha das principais razóns que levou a Renacer a desenvolver esta campaña de prevención do consumo de alcol en menores de idade. Na iniciativa tamén colaboran a consellería de Sanidade, o centro Hostaleiro Aberto de Ribeira e o propio concello ribeirense. Nos próximos días distribuirase polos diferentes locais hostaleiros de Ribeira diverso material informativo, como é o caso de carteis e dípticos, que inciden no lema da campaña ‘Eu non vendo alcol a menores’. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/19/asociacionrenacercampanaalcolmenores191213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/19/asociacionrenacercampanaalcolmenores191213.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia







