A cadela Mimi sálvalle a vida a súa dona

    CAMBADOS> Amosámoslles agora unha historia das que emocionan. Unha cadela adoptada no refuxio de animais de Cambados ven de salvarlle á vida a súa dona. Mimi convértese así nunha cadela heroe, servindo de exemplo das moitas posibilidades que teñen estes animais recollidos en albergues caninos. Mimi era unha cariñosa cadela que tiñan no refuxio de animais de Cambados, Ó pouco de vela, Dora Pampín, voluntaria ocasional, decidiu axudar e acollela no seu fogar. Ó pouco tempo xa se deu de conta de que era unha cadela excepcional, cariñosa coma poucas pero o día que de verdade nunca se lle esquecerá foi o día no que lle salvou a vida. Dora emociónase porque a día de hoxe Mimi é vital no seu día a día e fai moito pola súa recuperación. E por se tras ver esta nova a alguén se lle ocorre pedirlle un can ós Reis Magos ou ó Pai Noel, desde a Protectora de Cambados recomendan que se adopten previa meditación do cambio que vai a supoñer as nosas vidas cun novo can na casa. Engaden que non acudan a pedir tantos cans de raza puros posto que é unha forma de discriminación máis, que a nos como persoas non nos gustaría que nos fixesen. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/19/mimi.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/19/cadela_salvavidas_cambados.mp4{/flowplayer}