A D.O presentou as actividades que organiza na edición do Albariño deste 2018

CAMBADOS> Hoxe tamén participou na presentación na 66 Edición da Festa do Albariño o presidente do Consello Regulador Rías Baixas. Juan Gil aproveitou a súa quenda para afondar nas actividades que entran dentro do ámbito organizador do Consello Regulador, que son as mesmas que as de edicións anteriores, como él mesmo afirmou, aínda que melloradas.
A extensa presentación da Festa do Albariño 2018 tamén tivo como protagonista ao presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas. Juan Gil aproveitou a súa quenda para falar das actividades que organizará a entidade que dirixe, aínda que como él mesmo afirmou, son as mesmas de anos anteriores aínda que melloradas.
A cata concurso de Rías Baixas, de onde sairán os tres premiados na edición do 2018, celebrarase no Parador de Cambados.
A VIII Edición do Túnel de Viño Rías Baixas estará presente tamén nesta celebración, do 2 ao 5 de agosto, cun custe de 15 euros por entrada.
A cata temática de Rías Baixas no que unhas 10 adegas presentarán os seus produtos e a colaboración co Capítulo Serenísimo constitúen o total de actividades nas que participa a entidade presidida por Juan Gil.
Dicir tamén que o convenio de colaboración asinado entre o consistorio cambadés e o Consello Regulador terá validez extensiva tan só a esta 66 edición da Festa do Albariño.