Dispáranse os pedidos de Vieira de Cambados

    CAMBADOS> Nesta visita ó Porto de Tragove puidemos comprobar como as embarcacións do bou de vara volveron a saír hoxe ó mar malia a alerta laranxa por fortes ventos. Nestes datas redobran esforzos para ser quen de atender toda a demanda de vieira que hai neste Nadal. Deste xeito, a vieira de Cambados será a mellor embaixadora deste Concello nas mesas de Nadal galegas e da diáspora. A súa calidade fala por si mesma, co que os vieireiros non son quen de abastecer a demanda crecente. Neste luns o tope estaba cifrado en 30 quilos por tripulante pero mañá elevarano ós 40 quilos. Uns topes que oscilan segundo a demanda. Amais, é posible que en dous días amplíen as zonas de extracción dentro da Ría de Arousa. A vieira véndese a un prezo fixo de 4 euros a peza, pero o que si está a variar o seu prezo xa desde a súa primeira venda é a ameixa. Os depuradores de marisco de Cambados tamén apuntan a que incrementaron a venda de mariscos con respecto ó ano pasado, co que a situación actual é de optimismo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/vieira_1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/balance_vieira_ameixa_231213.mp4{/flowplayer}