Ribadumia estrea nova EDAR no río Umia

    RIBADUMIA> Hoxe ven de inaugurarse oficialmente a nova Estación Depuradora de Augas Residuais do río Umia; unha infraestructura que virá a prestar servicio ós quince mil veciños da Comarca do Salnés, especialmente ós de Ribadumia, Vilanova de Arousa, Vilagarcía e Cambados. O Salnés conta cunha nova Estación Depuradora de Augas Residuais do río Umia; a estación de Ribadumia virá a aliviar a sobrecarga da EDAR de Tragove, dando servicio ós quince mil cidadáns desta comarca. Esta infraestructura supuxo un investimento de máis de 7.697.000 euros, procedentes da Xunta de Galicia e de Fondos Europeos. A depuradora estivo nestes últimos tres meses en fase de probas; un tempo no que se corrixiron todo tipo de incidencias e molestias que puidese ocasionar esta infraestructura ós veciños de Ribadumia e o próximo Cambados. Esta actuación enmárcase no proxecto de saneamento da Ría de Arousa no que xa se levan investidos 56 millóns de euros, 36 deles achegados polo Executivo Autonómico. Amais da EDAR de Ribadumia, nos dous lados da ría arousá saíron a licitación recentemente outras obras de saneamento como a do saneamento do Saco de Fefiñáns, en Cambados, por 1 millón de euros e das obras de construción da EDAR de Ribeira, na que se investirán 25 millóns de euros. Desde o 2009, a Xunta de Galicia puxo en marcha unhas 34 depuradoras das 152 en funcionamento na actualidade; o que supuxo a inversión total en depuración de 430 millóns de euros. Toda esta serie de actuacións levaron á mellora, non só da auga das rías galegas como ven de ratificar recentemente un informe do Parlamento Europeo, senón tamén dos ríos. Proba diso é a recuperación das cotas de pesca de troita e reo no Río Umia, logo da grave catástrofe medioambiental de Brenntag no 2006. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/26/edar_Ribadumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/26/funcionamento_edar_ribadumia.mp4{/flowplayer}