O PP rexeita as iniciativas de PSdeG e BNG para a reapertura dos consultorios de Paradela e Vilaxoán

O SALNÉS> Os consultorios de Paradela e Vilaxoán, a debate no Parlamento Galego. O BNG levou á camara unha iniciativa a prol da súa reapertura. O PSdeG, ademais desa reclamación, instou á fin dos recortes que sufriu nos últimos meses a sanidade no concello de Meis, como a falta de servizo de pediatría ou a nos substitución das baixas médicas. Ambas iniciativas foron rexeitadas polo PP. Os populares aseguran que o peche de Paradela e Vilaxoán é transitorio, motivado polo coronavirus.

A diagnose para os grupos da oposición está clara. E como mostra, BNG e PSdeG levaron hoxe ó Parlamento Galego a situación que viven os consultorios de Vilaxoán e o meisino de Paradela.

Socialistas e nacionalistas demandan a reapertura dos consultorios. Acusan á Xunta de non ter vontade de solucina-los problemas que viven en Meis e Vilaxoán.

Porque a pandemia, é para o PP a razón do peche temporal destes dous consultorios.

O goberno local meisino acudiu en pleno ó Parlamento a seguir esta sesión. Os populares, aproveitaron para darlle un recado: se queren buscar solucións, que se reúnan cos responsables da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

A alcaldesa de Meis, pola súa banda, lembra que hai máis dun mes que o goberno local solicitou unha reunión co novo conselleiro de Sanidade e que aínda non obtiveron resposta. Marta Giráldez lembra, ademais, que hai un ano, cando solicitara outra xuntanza co daquela conselleiro Almuíña, quen os recibira fora o xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.