Continúan as análises do corpo atopado nun areal pobrense

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/aparicioncadaverpraiapobra231213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/23/aparicioncadaverpraiapobra231213.mp4{/flowplayer} POBRA> A policía xudicial da Garda Civil da Coruña leva con moito segredo a investigación e apenas hai datos sobre a mesma. A día de hoxe, dous días despois da aparición do corpo, apenas se coñecen datos sobre o acontecido. O seu avanzado estado de descomposición está a retrasar a investigación, sendo moitas as incógnitas que se presentan neste caso. A primeira delas é saber a súa identidade. O que parece claro é que non corresponde a ningún veciño desta comarca. Tamén se baralla que puidera ser arroxado ó mar noutra zona e que fora arrastrado polas correntes ata este areal pobrense. O que si está máis claro, despois de ver como aparecía o corpo, envolto nunha lona de xardín e amarrado cunha corda polos nocellos, é que poida tratarse dun axuste de contas. Os investigadores da Garda Civil que levan o caso non descartan ningunha hipótese, que se irán desbotando na medida en que se vaian coñecendo máis datos sobre o que revelen as autopsias, que serán as que sinalen as posibles causas da morte.