Unhas 500 persoas protestan contra a regulación de emprego en Cedonosa

    cedonosa100_131008.jpgCATOIRA > Medio milleiro de persoas saíron onte á rúa en Catoira para protestar contra a regulación de emprego de Cedonosa.

    {flowplayer}images/salnes/cedonosa_131008.flv{/flowplayer}

    CATOIRA > Unhas cincocentas persoas sumáronse á manifestación convocada polos sindicatos CIG, Comisións Obreiras e UGT que buscan presionar á xerencia da empresa Cedonosa para que busque xa unha solución.

    O Plan de Viabilidade de Cedonosa contempla o despedimento de 21 persoas e pasar a fixo discontinuos a outras 15. Os sindicatos ven esta medida totalmente innecesaria. Consideran que os culpables están todos no consello de administración de Cedonosa e pídenlles que deixen de por trabas para impedir que a factoría de Catoira siga adiante.

    A proposta dos traballadores é que se reduza a débeda, que fagan uso dun aval do IGAPE, e que se tomen medidas para por en marcha o terceiro forno e se aumente a produción. Sindicatos e traballadores advirten que a situación de Cedonosa é grave e afirman que a mala xestión económica e comercial, o despilfarro e as malas prácticas da xerencia os levou á actual suspensión de pagos e aunha falta de liquidez que nestes intres é difícil de superar.

    Apoiando a causa tamén estiveron onte en Catoira diversos responsables políticos. Polo PSOE acudiu o alcalde Alberto García, e polo BNG estiveron o deputado autonómico Bieito Lobeira, o responsable comarcal Duarte Correa ou o edil catoirés Nando Casal.

    Redacción Salnés