Precintan o restaurante grovense Culler de Pau

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/30/precinto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/30/peche_culler_pau.mp4{/flowplayer} O GROVE> O prestixioso Restaurante Grovense Culler de Pau ven de ser precintado polo Concello. O chef Javi Olleros ordeou ó seu plantel adiantar as vacacións a estes días namentres non se arranxan os problemas legais, xurdidos á raíz da denuncia dun constructor da zona. Na rúa ninguén entende como se está a ser tan duro neste caso cando noutros peores nin se repara. A Arousa non ten a día de hoxe ningún restaurante con Estrela Michelín; o único que había, o Culler de Pau, de Javi Olleros, ven de ser precintado nesta xornada polo Concello do Grove. O Consistorio meco dá así cumprimento á un dictame do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia interposto polo constructor local Oscar Miniño. Segundo se ven de publicar, o problema viríase arrastrando desde os tempos nos que gobernaba o socialista José Antonio Cacabelos, co irmán do propietario do antedito restaurante, Jorge Olleros, como edil. Daquela houbo varias denuncias cruzadas entre o goberno tripartito grovense e o constructor por temas urbanísticos. Unha destas denuncias, por vinganza, en verbas do exalcalde Cacabelos, era contra este local do lugar de Reboredo, en San Vicente do Mar, por abrir ó público cunha simple licencia provisional de actividade tendo unha parte dun alero fora da legalidade. Arestora, a dirección de Culler de Pau está á espera de que o Concello resolva os trámites administrativos precisos para a súa apertura definitiva para poder volver a abrir as súas portas. Polo de agora, adiantaron as vacacións de Nadal a estes días á espera de que todo se resolva favorablemente. Mentres tanto na rúa todo eran opinión favorables ó Chef: afirman que o local da prestixio ó Grove e que amais emprega a dez persoas e a denuncia non ten nada que ver ca súa actividade. E se de irregularidades urbanísticas se trata, aseguran que habería moito que tirar antes que este Restaurante. Javi Olleros traballa agora na procura de novos productos e proveedores. Está a espera da resolución do conflicto tralo que pensa volver con máis forzas. En caso contrario, veríase obrigado a trasladar o seu Restaurante de ubicación.