O BNG informará á cidadanía do Barbanza sobre a reforma da Lei de Saúde

RIBEIRA> O BNG do Barbanza organiza este venres un acto informativo sobre a reforma da Lei de Saúde. Neste encontro informarán tamén da situación do hospital do Barbanza, con colapsos en urxencias e sen camas suficientes para a alta demanda de pacientes. A voceira da plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza, Marián Rodríguez, e a deputada do BNG, Montse Prado, serán as encargadas de conducir o acto informativo que terá lugar o venres ás oito e media no ateneo Valle-Inclán. Ademais das consecuencias da reforma da Lei de Saúde, os nacionalistas pretenden denunciar os problemas derivados dos recortes no hospital do Barbanza. Á acumulación de pacientes en Urxencias súmase a falla de camas onde ingresalos polo que moitos teñen que ser trasladados a Santiago.