{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/20/desprendementosac550muros200114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/20/desprendementosac550muros200114.mp4{/flowplayer} MUROS> O vial permanece a día de hoxe aínda pechado ó tráfico, habilitándose un carril alternativo polo treito da antiga estrada. Técnicos da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, supervisaban esta mañá a zona da estrada AC-550, no lugar da Vouga, no concello de Muros, no que esta pasada fin de semana se produciu o desprendemento dun noiro. As posibles causas do mesmo, segundo os primeiros datos observados, puideron ser as intensas chuvias caídas que fixeron que subira moito o nivel freático. A consecuencia do incidente, a estrada foi pechada o tráfico, desprazándose ó lugar maquinaria pesada para proceder á retirada do material desprendido. Segundo explicou a propia alcaldesa, Caridad González, a pesar da magnitude do suceso non houbo que lamentar danos persoais. A pesar de que os traballos de limpeza das pedras desprendidas xa rematou, mantense un paso alternativo polo treito da estrada antiga, que está a facer a modo de variante, regulando o tráfico por medio de semáforos, á espera dunha actuación máis contundente de cara a asegurar a estabilidade do noiro en toda a zona, non só no punto do desprendemento. Uns traballos que segundo a propia rexedora poderían durar varias semanas.
Inicio crb