Manu Villaronga publica o xa coñecido como libro do Centenario

    VILAGARCIA> E nestes días que sabemos que andan na procura do mellor agasallo ofrecémoslles unha proposta literaria. O historiador Manu Villaronga ven de publicar “La Ciudad de Arousa. Mil años buscando un lugar en el mapa”, ó que xa se lle chama ó libro do centenario de Vilagarcía. Un gran libro no que se relata e se amosa a evolución deste Concello ó longo do último século. La Ciudad de Arousa. Mil años buscando un lugar en el mapa é o novo libro do historiador e xornalista vilagarcián Manu Villaronga. Ó longo de máis de medio millerio de páxinas o autor fala longo e tendido da formación de Vilagarcía como Cidade, acompañando a historia de ducias de fotografías e de relatos recollidos en medio cento de entrevistas persoas cos protagonistas da Vilagarcía noutrora. Amais, nesta creación que ven de saír do prelo inclúense, polo mesmo prezo, dous anexos. O acto de presentación deste libro tivo lugar no tamén emblemático Salón García de Vilagarcía, onde o escritor estivo acompañado de compañeiros e amigos desta Capital Arousá, como o catedrático de Economía Aplicada, Xaquín Álvarez; encargado de redactar o prólogo do libro, e o propio Alcalde Tomás Fole e o tamén escritor e xornalista Fernando Salgado; así falaban estes dous últimos do contido do xa coñecido como libro do Centenario. A presentación estivo aderezada con música da man de Juan Carlos Porto e Francisco Fernández. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/30/libro_manu.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/30/libro_manu_villaronga.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí