Precintan unha empresa de Noalla a raíz da denuncia dun familiar

    SANXENXO> Un empresario de Sanxenxo está a piques de tirar a toalla. Logo de levar toda a vida traballando, e a catro anos de xubilarse, o Concello ven de precintarlle a empresa á raíz dunha denuncia dun particular. Pide que, alomenos lle deixen quitar a maquinaria e a ferramenta do interior para poder trasladar a empresa e non ir a creba. José Manuel Radío, o xerente de Transportes Radío, en Noalla, Sanxenxo, tivo hoxe un dos peores días da súa vida. Logo de toda a vida traballando e a catro anos da xubilación hoxe o Concello precintoulle a empresa de material de construcción con todo dentro, salvo dous camións. Leva tempo intentando arranxar a situación do terreo no que ten ubicada a empresa, pero a denuncia dun particular familiar que quixo vingarse así del e a inacción do goberno determinaron o peche da súa empresa no lugar da Revolta. Nesta pequena empresa traballaban Radío, a súa muller e un empregado que xa emigrou a Madrid na procura dun futuro mellor. Agora este empresario pide que lle faciliten unha parcela onde poder asentarse e continuar ca súa actividade aínda que sexa ata a súa xubilación, posto que a estas alturas da vida non ten a onde ir. Hoxe foi un mal día para este coñecido empresario da venda de materiais de construcción: constatou como a denuncia por vinganza dun sobriño deu ó traste co seu medio de vida e agora non lle queda máis alternativa en Sanxenxo. Radío pide alomenos que lle deixen retirar o que é seu e esta dentro deste recinto, entre outras cousas, unha pala escavadora e o can que vixiaba a finca, para poder alimentalo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/08/precint.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/08/denuncia_transporte_radio.mp4{/flowplayer}