Cambados deseña un futuro sostible e seguro para a súa mobilidade

CAMBADOS> Cambados avanza no deseño da súa mobilidade. O concello xa mantivo tres encontros coa empresa encargada da redacción do Plan de Mobilidade Urbanístico Sostible, que servirá ao concello para detectar as súas necesidades para camiñar cara unha mobilidade máis accesible e peonil. O transporte a demanda e os itinerarios escolares son dúas das apostas do goberno local.

Facer un Cambados máis accesible e máis peonil é a aposta do concello en materia de mobilidade.

O obxectivo está claro, pero para conseguilo o goberno local traballa cunha empresa na redacción dun Polan de Mobilidade Urbanístico e Sostible. Unha folla de ruta que axudará a orientar e definir os investimentos en infraestruturas viarias.

Potenciar o transporte a demanda, crear itinerarios escolares para os colexios Magariños e San Tomé e establecer zonas de prioridade peonil no casco histórico, son algunhas das medidas que xa recolle o documento.

Coa intención de que sexa un plan participativo, o concello convocou á oposición para recoller as súas achegas. Ademais, fará enquisas entre a poboación e os sectores económicos da vila a través da web municipal e das redes sociais para coñecer as súas demandas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí