León gobernará en Vilagarcía durante os vindeiros catro anos

    leon_e_gago_180607__100.jpgVILAGARCÍA > Enrique León recolleu o testigo de dezaseis anos de goberno de Javier Gago ó fornte do Concello…

    …e do PSOE vilagarcían. Unha nova etapa na que o partido socialista conta co apoio do BNG e que poderia nun futuro contar tamén con Esquerda Unida, formación que lidera Juan Fajardo. Todo aconteceu segundo o previsto na sesión de investidura. O PSOE recibiu o apoio dos tres concelleiros do BNG liderado por Castro Ratón.00:41:38 Deste xeito, o PSOE goberna en minoría xa que Esquerda Unida cumpriu a súa promesa de votar o seu candidato, Juan Fajardo.

    Sete votos dos populares para Fole e unha abstención, a de IVIL compretaron esta sesión de investidura. O alcalde de Vilagarcía, Enrique León, asumiu o compromiso para os vindeiros catro anos cheo de orgullo e invitou á agrupación de Fajardo a conseguilo ansiado tripartito. Vivenda, seguridade e a revisión do PXOM foron algunhas das materias que destacan no programa dos socialistas para esta lexislatura. 01:04:55 Despois chegou o intre das felicitacións.

    Redacción Salnés