A parroquia de San Martiño de Meis sen médico

    MEIS > Os veciños da parroquia de San Martiño de Meis atópanse indignados pola situación de precariedade sanitaria que están a vivir. Dende a xornada de onte ninguén atende o consultorio público desta parroquia por falta de médico. O doutor habitual que presta servicio en San Martiño está de vacacións, e o servicio público sanitario non mandou ningún substituto.

    Os veciños de San Martiño de Meis están preocupados e indignados pola situación que están atravesando xa que se ven na obriga de trasladarse ós centros de outros concellos para ser atendidos de urxencia. Circunstancia na que xa se atopan por segunda vez.

    sanmartio300_161007_001.jpgOs veciños aseguran e denuncian que ninguén lles da unha explicación Dolores Barcia, unha das veciñas afectadas demanda ao organismo correspondente unha resposta á súa pregunta ¿Por qué non temos médico?

    Dende o concello acusan ó SERGAS de non arranxar un problema no que só eles teñen competencia Mentres o conflicto non se resolva os veciños de San Martiño tenderá que acudir a outros centros de saúde como o de Cambados, co agravante da xente maior que non se pode desprazar.

    Ata o vindeiro 2 de Novembro o medico desta parroquia non se incorpora o seu traballo, entre tanto os afectados seguirán esperando unha solución

    Redacción Salnés