Os comerciantes albergan grandes esperanzas nestas rebaixas

VILAGARCIA> Trala aprobación da nova Lei de Comercio a nivel estatal as rebaixas de xaneiro na nosa comunidade xa non teñen porqué comezar despois de Reis. É por isto polo que nas Rías Baixas cada día son menos os comercios que agardan ata esta data simbólica para comezar cos descontos, seguindo á estela das grandes áreas comerciais. As rebaixas deste ano parece que teñen menos tirón entre a cidadanía das Rías Baixas. Na rúa, gran parte dos enquisados aseguraban que aínda non se deixaron tentar por elas. Aínda que a percepción dos comerciantes vilagarcián é distinta. Albergan grandes esperanzas para estas rebaixas. Entre os que foron encontramos xente desilusionada porque algúns grandes establecementos trocan a roupa de temporada por outra de menos calidade nestas datas; algo que está expresamente prohibido. Tamén houbo quen se amosou satisfeito cos primeiros descontos. E é que ca nova Lei de Comercio estatal as rebaixas xa non teñen porque empezar o día despois de Reis. Cada establecemento pode fixar os descontos á súa conveniencia e eso foi o que fixeron moitos para aproveitar o tirón de vendas do Nadal. Algo que prexudica ós comerciantes e que os clientes agradecen. De novo nas rebaixas deste ano, os clientes aproveitan sobre todo para mercar roupa e calzado, sobre todo para os máis cativos. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/10/rebaixas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/10/repor_rebaixas_100114.mp4{/flowplayer}