O parque da Panadeira estará listo en febreiro

SANXENXO> Angeles Vázquez comezou a súa axenda semanal en Sanxenxo. Alí vistou xunto co alcalde, Telmo Martín as obras que se están a executar no parque da Panadeira. Unha actuación que está financiada no seu 80% pola Xunta e no 20 restante polo concello e que está previsto que este rematada en febreiro.

As obras do parque da Panadeira están a piques de rematar en Sanxenxo. Unha intervención que si continúa segundo o establecido estará rematada no mes de febreiro. Telmo Martín acompañou a conselleira de Medio Ambiente ata o lugar no que se están a realizar os traballos e recoñeceu que a pesar das primeiras criticas ao proxecto agora a aceptación é maior por parte dos veciños.

Maior espazo para os peóns, pérgolas, mais especies arbóreas, zona de xogos infantís… todo o necesario para conseguir a humanización de esta zona sanxenxina. A intervención no parque da panadeira supón unha inversión superior aos 450.000 euros, dos cales a Xunta aporta o 80% e o concello o 20 restante.

A titular de Medio Ambiente e o alcalde de Sanxenxo asinaron tamén o convenio de adhesión do municipio á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, polo que son xa 74 os concellos con competencias delegadas neste organismo. En virtude do convenio asinado hoxe e que entrará en vigor tras a súa publicación no DOG, a APLU asumirá os traballos de inspección, supervisión e restablecemento da legalidade urbanística establecidos na Lei do Solo de Galicia en relación coas obras e usos que se executen sen licenza ou sen axustarse ás súas condicións.