MUROS> A súa presentación, así como a dos membros que integran a agrupación, tiña lugar na noite de onte, nun acto que estivo presidido polo secretario provincial do PP na Coruña, Diego Calvo. Na súa intervención Vázquez Rama mostrouse ilusionado e con moitas ganas de iniciar unha nova etapa, centrada no optimismo e na dinamización do partido en Muros, poñéndose xa coma reto, a curto prazo, os vindeiros comicios europeos. O novo presidente da xestora do PP muradán criticou tamén a actitude caciquil da alcaldesa, Caridad González, que segundo el goberna en minoría e actúa como se o concello fora da súa propiedade. Pola súa banda o secretario provincial do PP na Coruña, Diego Calvo, destacou que a nova agrupación, nace co obxectivo de aglutinar a tódolos populares de Muros e de traballar para que os cidadáns deste concello sigan confiando no seu proxecto político.
Inicio Barbanza - Muros - Noia