Portos de Galicia aposta pola I+D

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/17/convenioporots170114.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/01xaneiro/17/CONVENIO_PORTOS_VILANOVA.mp4{/flowplayer}

    VILANOVA> O porto de Vilanova foi o escollido por Portos de Galicia para acoller un proxecto de investigación que, de funcionar, suporá un antes e un despois na construción e concepción dos peiraos galegos. Trátase da creación dunha dársena que contará con sesenta metros de liña de atraque cuxas principais vantaxes serían os baixos custes económicos tanto de material como de obra, xunto ó reducido impacto ambiental da actuación. Deseñar un litoral operativo a nivel portuario que sexa á vez respectuoso co medio. Esta é a liña de acción que pretende seguir cara o futuro Portos de Galicia, e neste obxectivo se enmarca o proxecto de investigación que se porá en marcha no peirao de Vilanova. Un consorcio empresarial, a Fundación de Enxeñería Civil de Galicia, as Universidades de Santiago e A Coruña e o ente portuario traballarán en conxunto para a creación dun peirao en material plástico que, de resultar viable, suporá un antes e un despois na concepción de infraestruturas portuarias. A forma construtiva consiste en facer a contención do recheo do pantalán a partir duns pilotes unidos por láminas de material plástico, probablemente polietileno ou prolipopileno. Cada lámina terá unha lonxitude próxima ós oito metros e unha altura dun metro. Trátase de pezas moi lixeiras, ó igual que a maquinaria para instalalas, o que pecha unha das principais vantaxes do proxecto: o baixo impacto ambiental das obras e a súa economía, ó manexar materiais de menor custe que os que se empregan en actuacións deste tipo. De acadarse o resultado agardado, o peirao de Vilanova contará no 2015 con 60 metros liñais de liña de atraque. Rematado o proxecto, as institucións e empresas participantes realizarán un seguimento para avaliar como responde a obra, e no caso de resultar apta para o sector profesional, Portos de Galicia completará a actuación. En total o orzamento do proxecto ascende a 1,8 millóns de euros, dos que 400.000 corresponden a investimento real en obra.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí