Os seminarios para os mellores alumnos de Bachiller e Selectividade remataron

calificacins_100_070907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > Hoxe clausuráronse os seminarios da cuarta edición do curso organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo

… para os 50 mellores alumnos de toda Galicia que conseguiron as maiores notas en Bachiller e na Selectividade. Os mellores estudiantes de Galicia estiveron no Instituto Social da Mariña de Bamio durante toda esta semana para asistir a diversos seminarios que lles axudarán a encamiñar mellor o seu futuro profesional. Na comarca do Salnés sómente unha rapaza é a que conseguiu ingresar neste seminario, Nohelia Moraña (a da fotografía) que se amosaba moi satisfeita das calificacións acadadas.

Onte os mozos puideron gozar coa escritora Rosa Aneiros da súa experiencia como profesional. Os alumnos de letras puideron deleitarse cun referente da literatura que leva a narrativa nas veas, unha característica indispensable para a súa profesión.

A entrega de diplomas foi o último acto da clausura, despois dun emotivo discurso do presidente organizador do curso e do seu profesor co que terán unha reunión mais íntima para cambiar impresións sobre o curso.

Redacción Salnés.