Comezan as obras de saneamento no Vilar

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio dunha nova actuación no Vilar coa que se vai completar a dotación de saneamento a este núcleo situado na parroquia de Carreira e que foi obxecto nos últimos anos de distintas accións encamiñadas á instalación deste servizo. As obras están sendo acometidas pola empresa Lisardo Inversiones, S.L., por un importe de 160 mil euros. A actuación, cun prazo de execución de tres meses, está adscrita ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.