Rianxo non seguirá pagando o alumeado da Ponte de Catoira

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/03/alcalderianxoalumeadopontecatoira030314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/03/alcalderianxoalumeadopontecatoira030314.mp4{/flowplayer} RIANXO> Así o acordou por unanimidade a corporación municipal no último pleno, instando ás Deputacións a axilizar a cesión desta insfraestrutura á Xunta de Galicia. Non é un problema novo. Dende hai tempo o concello rianxeiro viña barallando esta posibilidade, que agora co acordo unánime da corporación vén de ser refrendado. Segundo o alcalde, Adolfo Muíños, o concello non seguirá facéndose cargo dos gastos do alumeado da ponte de Catoira, como ata o de agora. Toma esta decisión en base a distintos factores, entre os que se atopa a nova lei de racionalización da Administración Pública recentemente aprobada. Está previsto que nos próximos días se lle remita un escrito á Deputación da Coruña instándoa a que se axilice, xunto ca de Pontevedra, a cesión deste vial que vai dende a saída da autovía en Catoira ata a conexión coa AP-9 en Caldas, á Xunta, dando así cumprimento ó previsto no Plan Move.