A Xunta traballa na reparación do noiro en Espiñeira

    BARBANZA> A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas traballa xa no arranxo do derrube dun noiro que se producía hai varias semanas nun dos accesos da autovía do Barbanza, concretamente na zona de Vilariño con Espiñeira. A súa intención pasa por reabrilo ó tráfico a finais desta semana. A actuación prevé o reforzamento do talud para, posteriormente, instalar unhas bandas de subxección que estarán acompañadas dunha malla metálica. Unha vez rematados estes traballos, a Xunta ten previsto darlle solución tamén a un problema semellante detectado na mesma autovía, no acceso que hai en Taragoña en dirección a Ribeira.