A Xunta outorga as mesmas competencias ó delegado de Vigo e Pontevedra

    PONTEVEDRA> Presidencia asegura que os responsables territoriais asumen a responsabilidade de tódalas consellerías.

    A Xunta outorga as mesmas competencias ós delegados de Vigo e Pontevedra O artigo 2 do decreto publicado o 30 de abril establece que haberá un delegado fronte a cada departamento, que asumirá a coordinación das consellerías, na área xeográfica que lle corresponda.

    Segundo o ditado polo Goberno, a delegada de Vigo, Lucia Molares, representará á Xunta nos 14 concellos que corresponden á área de Vigo. O resto son competencia de Xosé Manuel Cores Tourís, delegado territorial en Pontevedra.

    O escrito remitido pola consellería de Presidencia indica que os cidadáns de cada área poden ser atendidos polo delegado do seu territorio. Quen ostenta a representación da Xunta na súa totalidade e non dunha consellería específica.

    Redacción Salnés