RIBEIRA> O éxito da primeira edición de ‘Amaribeira’ foi unha das razóns que levou ó Concello e a Asociación de Empresarios da localidade a volver a apostar por esta iniciativa de apoio ó comercio local, á que se destinarán en total uns 300 mil euros, en diferentes campañas.
Da primeira só poderán beneficiarse dela os comercios adheridos á plataforma ‘Ribeira Store’ a través de cupóns de desconto ata un máximo de trinta euros. Estará operativa entre o 14 ó 20 deste mes de novembro.
Será a primeira das campañas de apoio ó comercio que terá continuidade no Nadal, coa activación dos bonos QR, da que xa se beneficiarían tódolos comercios do municipio.
Dende a patronal local aplaudiron a iniciativa, coa que colaboran activamente.
Dende o Concello fan unha chamada a participar na campaña, polo que aqueles comercios que aínda non estean adheridos á plataforma ‘Ribeira Store´ e que estean interesados en ofrecer cupóns de desconto nos seus produtos ou servizos aínda están a tempo de facelo.
O prazo para apuntarse comeza o próximo luns 7 de novembro.