‘A Unión’ reclama a construcción dunha nova depuradora

    BOIRO > Dende hai tempo a Asociación de Veciños ‘A Unión’ de Cabo de Cruz vén solicitándolle ó executivo a construción dunha nova depuradora debido fundamentalmente ós numerosos problemas de vertidos e malos olores que lles está a ocasionar ós residentes desta parroquia.

    O presidente da Unión, Benigno Sánchez, sinala que un dos probelamas que máis lle preocupan ós veciños desta parroquia dende hai tempo son aqueles que están directamente relacionados con vertidos da rede de saneamento e os malos olores, provocados na maioría dos casos polo mal funcionamento da actual estación depuradora. Por esta razón e despois de numerosas solicitudes volven a reclamar a construción dunhas novas instalacións.Benigno Sánchez non se plantexa a ampliación das actuais instalacións, xa que a e a súa ubicación non é a máis idónea. 

    Ademais e mentres non se acometa a construción dunha nova depuradora tratarán de esixirlle ó concello que extreme as medidas de control, fundamentalmente con aqueles de carácter industrial, para que os vertidos deixen de producirse.

    Lonxe de negalo, o concello boirés recoñece a existencia dalgunhas deficiencias na actual depuradora, polo que ve con bos ollos a construción dunhas novas instalacións. Esta situación sumada ó crecemento urbanístico que está experimentando Boiro nos últimos anos, fai pensar ó executivo na necesidade de construír unha depuradora máis moderna, xa que a actual non vai ser capaces de soportar todo este volume de residuos. A situación faise aínda máis urxente debido á intención da Xunta de Galicia de iniciar en breve a segunda fase do polígono industrial de Espiñeira.

    Xoán Xesús Ares fixo referencia tamén ó tratamento que se lle deberá dar ás augas procedentes das industrias asentadas no municipio que segundo el deberán realizar unha depuración previa antes de conectarse á rede xeral, co que se evitarían moitos problemas.

    Redacción Barbanza