{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/03/incidenciastemporalbarbanza030214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/03/incidenciastemporalbarbanza030214.mp4{/flowplayer} BOIRO> Durante esta pasada fin de semana rexistráronse numerosos incidentes a consecuencia do forte vento e as chuvias, que non dan tregua. Aínda así non houbo que lamentar danos persoais. Boiro foi, sen dúbida, un dos concellos da zona que resultou máis afectado polo temporal. O sábado, a caída dun raio na avenida de Barraña, provocou un incendio no soto dun chalé, fronte ó campo de fútbol, afectando ó cadro eléctrico da vivenda. A rápida intervención do servizo municipal de emerxencias, así como da Policía Local e a Garda Civil provocou que o incendio non fora a máis e se propagara por máis partes do inmoble. Ese mesmo raio causou tamén destrozos nun centro transformador de electricidade na mesma zona de Barraña, deixando sen subministro eléctrico a numerosos veciños durante varias horas. Ademais o forte, vento, con rachas que mesmo chegaron a superar os 90 quilómetros por hora, provocaron tamén a caída de varias árbores en distintas zonas do municipio. Por esta razón dende os servizos de emerxencia reitéranse as solicitudes de precaución para que se tomen as medidas oportunas e se eviten aquelas zonas de perigo, especialmente os puntos máis próximos á costa.
Inicio crb