O executivo rianxeiro dotará de servizo de comedor ó CEP Brea Segade de Taragoña

RIANXO> O Concello prevé tamén levar a cabo antes do inicio do curso o peche da celosía do patio cuberto no Ana María Dieguez de Asados. O executivo rianxeiro segue a dar pasos importantes de cara a mellora da calidade do ensino que se ofrece no municipio. Neste sentido o alcalde, Adolfo Muíño, anunciou o inicio das obras para a instalación do comedor escolar no colexio Brea Segade de Taragoña, que podería entrar xa en funcionamento en setembro, unha vez que se aprobou a xornada única. A actuación ascende a uns 15 mil euros que serán aportados con fondos propios. O Concello desenvolverá de xeito inminente tamén diversas obras de mellora no colexio Ana María Diéguez de Asados, entre elas, o peche da celosía do patio cuberto do centro e a instalación dunha marquesina. O rexedor informou tamén do estado das obras de mellora levados a cabo na totalidade das escolas unitarias repartidas por todo o Concello e que están integradas no CRA. Segundo el, como se pensaba, estarán rematadas para o inicio do vindeiro curso.