Adxudicadas as obras de mellora do vial do Confurco a Ces

    LOUSAME> O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a adxudicación das obras de acondicionamento do camiño que une o Confurco e Ces. A empresa Nemesio Ordóñez será a encargada de acometer esta actuación cun investimento de 60 mil euros. O proxecto está cofinanzado polo concello de Lousame, con algo máis de 10.000 euros, e polo AGADER, con algo máis de 49.000 euros a través do Programa de Mellora de Camiños de titularidade municipal 2013-2014, financiado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. As obras consistirán na limpeza de gabias en ambas marxes do vial , así como a mellora da súa capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a superficie, previo bacheo e tratamento asfáltico. Así mesmo, renovarase a correspondente sinalización horizontal, co pintado de liñas en bordes.