Rianxo resulta agraciado cun belisco do Gordo do Neno

RIANXO> Foron ó redor duns dez décimos do 57.342. A encargada de dar a sorte: a Administración Número 1 de Taragoña. A mesma que no 2003, daquela no Sorteo de Nadal, repartira uns 120 millóns de euros.

Ninguén se podía agardar que dezasete anos despois, o Gordo da Lotaría, esta vez a do Neno, volverá a caer nesta pequena Administración, a Número 1 de Taragoña. Nada máis coñecerse a nova, ás portas do negocio fóronse concentrando numerosos curiosos e tamén medios de comunicación. Pero non apareceu ningún dos agraciados que preferiu disfrutar da súa felicidade no anonimato. Si o fixo o propietario do negocio, Manuel Ángel Sieira Pérez, que rexenta dende hai uns tres anos esta Administración.

Segundo el tódolos boletos foron vendidos a clientes da zona..polo que a sorte estivo moi repartida.

No bar ‘Catro Camiños’, a carón da propia Administración, a festa continuou durante varias horas. Nunca se sabe…ó mellor algún dos presentes era un dos agraciados, aínda que preferiu gardalo en segredo, non fora que ó final  lle fixeran pagar a conta…

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí