Nauta propón a expulsión do Náutico pola obra dos pantaláns

    SANXENXO> A polémica aberta pola construción dos pantaláns na praia da Panadeira pode provocar a expulsión do presidente do Náutico do consello de administración de Nauta Sanxenxo. O órgano levará a proposta á vindeira xunta xeral. E é que aseguran que as obras incumpren os estatutos da sociedade.

    O Náutico de Sanxenxo poderá quedar sen representación en Nauta. O consello de administración proporá a expulsión do presidente do club, Pedro Campos, de continuar coa obra dos pantaláns da Panadeira e Os Barcos.

    Catalina González recordou que, ó ser unha concesión de Portos de Galicia, o concello non ten potestade para paralizar os traballos. Por iso agardan que a solución chegue dos xulgados.

    Fronte os apoios ás obras que onte despregou o Náutico, a alcaldesa insistiu en que contan coa oposición frontal do concello e de Nauta, ademais dos veciños de Sanxenxo.

    Iso si, aclarou que o concello está aberto a manter a colaboración.

    Sobre as protestas da plataforma SOS Panadeira e os seus conflitos co Náutico, Catalina González asegurou que, aínda que hai formas que non comparten, si que coinciden no fondo: a defensa das praias de Sanxenxo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/06/resposta_catalina_nautico.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/06/resposta_catalina_nautico.mp4{/flowplayer}