A Autoridade Portuaria quere abrir o porto ós veciños e á cidade

    proxecto_porto_vilagarcia_copy100.jpgVILAGARCÍA> A ampliación do ferrocarril a todos os peiraos, a separación entre un porto comercial e outro cidadano, e o derrubamento do muro de Pablo Picasso, son as principais medidas recollidas no proxecto.

    {flowplayer}images/salnes/PROXECTO_AUTORIDADE_PORTUARIA.flv{/flowplayer}

    O tramo dende a rotonda do Ramal ata o depósito de auga das Lanzaderas, estaría destinado ó porto cidadán. O peirao, que ata o momento é o único que recibe o convoy, estaría adicado a actividades como o atraque de cruceiros.

    Na explanada de 45 mil metros cadrados que quedaría libre no Ramal, a Autoridade Portuaria plantexa a creación dun espazo multiusos e útil para todos os cidadáns. A posibilidade de instalar un hotel de luxo é unha das opcións máis consolidadas. O proxecto inclúe o derrubamento do muro da rúa Valle Inclán, unindo os dous viais. O tramo pasaría a contar con dous carrís en cada sentido. A ambos lados da estrada entre Pablo Picasso e O Cavadelo, crearíanse novas zonas de aparcadoiro, e o carril bici prolongaríase ata Vilaxoan.

    A estrada de Enlace e a rúa Valle- Inclán terían integradas as vías para o paso do tren nun dos carrís dos vehículos. Segundo a Autoridade Portuaria, as molestias xeradas polo convoy serían mínimas xa que, como moito, pasaría unha vez ó día e a unha velocidade de seis quilómetros por hora. Pola contra, diminuiría a circulación de camións. O presidente da Autoridade Portuaria sinalou a importancia desta conexión, apoiada por experiencias noutros portos.

    O proxecto conta co apoio de diferentes colectivos cidadáns e dos partidos políticos do municipio, exceptuando Esquerda Unida.

    Os traballos, que estarían financiados nun 80% por fondos de cohesión europeos, comezarían o próximo ano, e para manter a subvención, terían que estar rematados no 2012.

    Redacción Salnés