Novo paso para a tan ansiada estrada de circunvalación

    POBRA> O executivo pobrense presenta o proxecto de acondicionamento da coñecida como travesía da Baiuca. A actuación, cun investimento de máis de 345 mil euros, será financiada pola Xunta. Coa finalidade de darlle unha maior fluidez ó tráfico na zona, mellorando ademais ós accesos para os veciños de Pontenaveira, a Figueira ou Sobral, o executivo pobrense vai levara cabo o proxecto de acondicionamento da travesía da Baiuca. A actuación será posible grazas á sinatura dun convenio coa consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que se encargará de sufragar o importe total desta actuación, máis de 345 mil euros. Dase a circunstancia de que o proxecto forma parte da tan ansiada circunvalación, un proxecto por fases, que o propio equipo de goberno contemplou na elaboración do PXOM. A actuación prevé, entre outros traballos, a demolición do actual pavimento, a instalación de novas tubaxes, tanto para o saneamento como para o abastecemento de auga e canalizacións, así como a construción de novas beirarrúas e dotación de novo mobiliario urbano. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/06/acondicionamentovialbaiuca060214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/06/acondicionamentovialbaiuca060214.mp4{/flowplayer}