Alcaldes da comarca chaman á mobilización en contra da reforma sanitaria

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/13/alcaldes_sanidade.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/13/alcaldes_sanidade.mp4{/flowplayer} 

     

    PONTEVEDRA> Os alcaldes nacionalistas e socialistas da comarca chaman á mobilización popular en favor da sanidade pública. Esta mañá presentaron unha fronte común para pedir ós cidadáns a súa participación na manifestación organizada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, prevista para mañá en Pontevedra.

    Mañá ás 8 da tarde unha manifestación percorrerá as rúas da capital entre a praza da Ferrería e a de España. Farao en defensa da sanidade pública e, máis concretamente, en contra do novo mapa sanitario que contempla o desvío de 300 mil pacientes das áreas de Pontevedra e O Salnés a Santiago para determinadas especialidades.

    Nesta manobra os rexedores ven novos pasos cara a privatización da sanidade e intereses ocultos, por iso chaman á cidadanía a seguir o exemplo doutras partes de España.

    Ademais dos alcaldes de Pontevedra, Poio, Caldas, Bueu e Vilaboa, e o voceiro do PSOE de Barro, na rolda de prensa tamén estivo o presidente da Confederación Galega de Asociacións de Veciños, COGAVE. Verísimo Pazos animou ós veciños a non quedar na casa.

    Na rolda de prensa, os alcaldes expresaron a súa desconfianza na viabilidade do Hospital de Montecarrasco, e volveron apostar por retomar o proxecto do hospital único en Montecelo.

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí