Novos retos para o socialismo galego

    NOIA> O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, participou nun acto político que serviu de presentación para o seu novo proxecto socialista. Numerosas persoas, fundamentalmente simpatizantes e militantes do Partido Socialista, non só da comarca de Muros-Noia, senón tamén do Barbanza, asistiron na noite de onte na casa de cultura noiesa á charla-coloquio impartida polo novo Secretario Xeral dos Socialistas Galegos, Xosé Ramón Gómez Besteiro. Acompañado do alcalde noiés, o tamén socialista, Rafael García Guerrero, e o ex-parlamentario, Xosé Manuel Lage, encargado de conducir o acto, Besteiro esbozou as liñas mestras do que ó seu entender debe ser o novo modelo do proxecto socialista. Posteriormente, aproveitando a presenza do Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en Noia, procedeuse tamén á inauguración oficial da nova sede dos socialistas noieses, emprazada na rúa Rosalía de Castro, no edificio da antiga cafetería ‘La Terraza’.