A imprudencia durante os temporais será sancionable

GALICIA> A imprudencia durante alertas por temporal será sancionada. Esta é a norma na que está a traballar a Xunta, para evitar que se reproduzan algunhas das situacións que se viviron neste inverno. Mentres, Galicia podería despedir hoxe coa cicloxénese explosiva Ulla o tren de borrascas que leva padecendo dende o pasado 24 de decembro

Galicia cumpre case dous meses encadeando temporal tras temporal. O elevadísimo número de incidentes que estas borrascas provocaron ó seu paso non será o único que nos deixen. Trala experiencia deste inverno, a Xunta traballa nunha normativa que penalice as imprudencias.

Aínda que a normativa actual contempla esta posibilidade, a intención da Xunta é que as sancións se poidan aplicar de xeito inmediato para que teñan un efecto disuasorio.

O conselleiro falou desta nova norma en pleno azoute de Ulla, a cicloxénese explosiva que hoxe afectou á comarca con ventos afuracanados e fortes chuvias. Durante toda a xornada a Xunta suspendeu as actividades ó aire libre nos centros educativos. Algúns concellos tomaron medidas adicionais, como o de Vilagarcía, que anulou as actividades en todas as instalacións deportivas e pechou os parques ante a alerta laranxa decretada.

 

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/14/alfonso_rueda_temporal_caldas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/14/alfonso_rueda_temporal_caldas.mp4{/flowplayer}