CUNTIS> Cincuenta e un mil euros custou ó concello de Cuntis renovar os 151 puntos de luz da rúa Circunvalación e da zona Portodegómez. As vellas instalacións substituíronse por lámpadas de tecnoloxía LED acompañadas dun cadro de mando e un sistema automatizado que permitirá reducir o consumo dos farois a partir da hora á que se programen. Custear esta actuación foi posible grazas á unha subvención do Instituto Enerxético de Galicia. O resultado está sendo tan satisfactorio que desde o concello xa planean solicitar unha nova axuda ó Inega en colaboración cos concellos de Campolameiro, Cotobade, Cercedo e Moraña. Os termos da proposta aínda non se acabaron de perfilar, pero agardan telos rematados nos vindeiros días xa que o prazo para presentarse ás subvencións remata a finais deste mes.
Inicio CALDAS