GALICIA> Turismo de Galicia contará cun orzamento global en 2027 de máis de 132 millóns de euros. As contas medran case un 5% respecto a este ano co obxectivo de incrementar a competitividade do sector e a enriquecer a oferta turística . Este venres compareceu no parlamento o director de Turismo de Galicia. Xosé Merelles situou a transformación tecnolóxica das empresas turísticas entre as prioridades dos orzamentos de 2027.
O 2027 está chamado a ser un ano clave para o sector turístico en Galicia. Aos bos datos que o sector vén colleitando nos últimos anos súmase tamén o tirón do Xacobeo, que terá un impacto en toda a comunidade. Este venres comparecía no Parlamento o director de Turismo de Galicia que anunciou que o seu departamento contará cun orzamento superior aos 132,3 millóns de euros. Representa un incremento de 6,3 millóns respecto a 2026, próximo ao 5%.
As contas inclúen 5 millóns para actuacións de mellora da oferta dos concellos e xeodestinos e 8 millóns para eficiencia enerxética dos establecementos turísticos. Ademais, Turismo de Galicia eleva a 16 millóns de euros o investimento en promoción internacional o vindeiro ano.
Merelles situou a transformación tecnolóxica das empresas turísticas entre as prioridades dos orzamentos de 2027.
Dende a oposición, BNG e PSdeG criticaron o continuismo do modelo turístico e a falta de planificación do Ano Santo.
Tamén reprocharon ao goberno galego que aínda non se presentase a programación propia do Ano Santo, ao tempo que cuestionaron a transparencia na asignación de patrocinios.











