GALICIA> A semana pasada, Portos de Galicia despregou os encantos da náutica galega no salón francés de La Rochelle. Ademais de presentar as posibilidades que os portos de titularidade autonómica ofrecen aos navegantes, parte dos seus esforzos dirixíronse á captación de embarcacións en tránsito. Unha das apostas do ente autonómico.
A captación das embarcacións en tránsito é un dos piares da estratexia que está a levar a cabo Portos de Galicia no mundo da náutica. Son barcos grandes que precisan de moito espazo, pero que supoñen un interesante negocio para os portos galegos.
Segundo o presidente de Portos de Galicia, esta opción non só beneficiaría aos portos que reciben as embarcacións. Tamén tería repercusión na súa contorna.
Con esta estratexia asistiu o ente autonómico á feira náutica de La Rochelle. Pero non foi o único aspecto que se destacou na promoción da oferta galega. Tamén interesa potenciar a celebración de regatas non competitivas, que facilitan o coñecemento das instalacións.
Dende La Rochelle, Portos destacou a amplitude e variedade das oportunidades que ofrece a náutica galega para os navegantes. Una oferta que se ten convertido nun elemento máis do atractivo turístico de Galicia.