Rueda preside en Porto do Son a entrega dos novos vehículos do Servizo de Gardacostas

PORTO DO SON> A localidade sonense acollía esta mañá o acto de entrega das doce novas furgonetas modelo pickup ó Servizo de Gardacostas de Galicia.

O acto presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e no que tomou parte a conselleira do Mar, Marta Villaverde, forma parte co programa de modernización do Servizo que está a levar a cabo a cabo o Goberno Galego.

A compra deste novos vehículos supuxo un investimento de preto dos 645 mil euros, cofinanciados pola Unión Europea a través dos fondos FEMPA.

Pero a renovación deste importante Servizo non para aí, e o Goberno galego xa ten en mente unha nova dotación económica de 3,5 millóns de euros para a fabricación de dúas novas patrulleiras lixeiras e a compra de dous camións con grúa para optimizar o servizo de retirada e reciclaxe de residuos no litoral.

Na actualidade o Servizo de Gardacostas de Galicia conta cun total de 87 vehículos, que se suman ás 24 embarcacións e ós dous helicópteros que realizan tarefas de loita contra o furtivismo e a contaminación mariña.