GALICIA> Estrelas Solidarias non Camiño reunirá a case corenta chefs con setenta estrelas Michelin. Estamos a falar dun evento que acada a súa décimo terceira edición e que se vai celebrar na Finca Casa Barqueiro, en Negreira. Entre os convidadados atopamos cociñeiros da nosa contorna, como Javier Olleros, do Grove; Pepe Vieira, de Poio; ou o cambadés Yayo Daporta. Esta edición é dobremente especial: Casa Barqueiro fai 25 anos, e o evento rende homenaxe a Arzak, o seu padriño desde o principio. Os beneficios van destinados a Art for Dent.
As Rías Baixas volverán estar presentes, un ano máis, no evento gastronómico ‘Estrelas Soliarias no Camiño’. Cociñeiros de renome da nosa contorna daranse cita na décimo terceira edición deste evento que terá lugar o 8 de xuño na Finca Casa Barqueiro, en Negreira.
Entre os convidadados atopamos chefs como Javier Olleros, do Grove; Pepe Vieira, de Poio; ou o cambadés Yayo Daporta. En conxunto, máis de 40 cociñeiros Michelin de España e Portugal participarán neste encontro que supera as 70 estrelas representadas.
Aos referentes galegos súmanse outros grandes nomes: Martín Berasategui, con 9 Estrelas Michelin; Paulo Airaudo, con 8; Nacho Manzano, con 3; ou o portugués Vitor Matos, con seis recoñecementos, tamén participarán no evento.
Estrelas no Camiño busca ser un foro en intercambio gastronómico, creativo e Empresarial. A xornada incluirá propostas para gozar cos 5 sentidos: bocados exclusivos e solidarios elaborados no momento, showcookings e música en directo. Todo, por suposto, con produto de primeiro nivel, maridado con bebidas de referencia galegas, como a cervexa ou un gran representación vinícola galega e nacional.
A edición deste ano é, ademais, dobremente especial: Casa Barqueiro fai 25 anos e no evento renderase homenaxe a Arzak, o seu padriño dende o principio. A iniciativa naceu en 2014 como un xantar entre amigos cociñeiros, consolidándose co tempo nun dos grandes eventos gastronómicos solidarios de España.
Para a xornada deste 2025, que será solidaria con Art for Dent, aínda quedan entradas dispoñibles.











