‘Hai fórmulas para chegar a un acordo co Náutico de Sanxenxo’

    SANXENXO>  A alcaldesa de Sanxenxo fixo repaso, en Pleno Aberto, da actualidade política do concello. Enriba da mesa, o conflicto dos pantaláns da praia Panadeira. Catalina González tende a man ó Náutico de Sanxenxo para chegar a un acordo que iso sí, só pasaría pola paralización do proxecto.

    Non haberá ningunha negociación se primeiro o Náutico de Sanxenxo non paraliza o proxecto dos pantaláns da praia Panadeira. É a condición que pon a alcaldesa, e é segundo ela, a vontade de todo o pobo de Sanxenxo, agás da confraría. Os pescadores apoian o proxecto, algo que a alcaldesa di non entender.

    A rexedora tamén afirmou que se vai seguir adiante coa idea de expulsar ó Náutico do Consello de Administración de Nauta Sanxenxo.

    Con respecto ás críticas recibidas dende os grupos da oposición, Catalina González defendeu a súa xestión argumentando que oi  primeira persoa que se opuxo ó proxecto, dende o primeiro momento.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/19/catalina600_190214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/19/catalina_190214.mp4{/flowplayer}