O XIII obradoiro de hostalería do Salnés realizarase no RCN de Sanxenxo

SANXENXO> A mancomunidade do Salnés presenta a decimo terceira edición do obradoiro de hostalería. 20 alumnos formaranse nas especialidades de cociña e restauración. O obradoiro cambia de localización este ano e levarase acabo nas instalación do real club náutico de Sanxenxo.

A Mancomunidade do Salnés comeza unha nova edición do obradoiro de hostalería. Nesta duodécima edición serán 20 os participantes que se formarán nun taller especializado na cociña e na restauración. A localización escollida para levar a cabo tanto o obradoiro como a presentación non podía ser outra que Sanxenxo, o primeiro destino turístico do norte de España.

A gran novidade deste ano é que o obradoiro se levará a cabo nas instalacións do Real Club náutico de Sanxenxo.

O proxecto ten un orzamento de 336 mil euros. O obradoiro aporta aos alumnos un alto nivel de formación que se ve reflexado no 100% de inserción laboral.

O proxecto será aproveitado para facer accións turísticas e actos dos concellos. Ademais do Real Club Náutico de Sanxenxo, co obradoiro tamén colaboran Cáritas, Afasal e os hostaleiros da contorna.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí