Faltan por aparecer varios premiados ca ONCE do sábado

    O GROVE> Atención agora aqueles que tiñan un cupón da ONCE para o sorteo deste sábado porque tocou no Grove e aínda faltan boletos premiados por aparecer. Aquí caeu o premio gordo de 24.000 euros ó ano durante unha década e 19 cupóns máis con cadanseus 400 euros.

    Esta mañá na porta de entrada á Praza de Abastos do Grove todo eran felicitacións para Óscar Luis Camino. El foi o vendedor que repartiu sorte pola vila meca no sorteo do sábado.Vendeu o 64.512, na súa serie 24, dotado cun premio de 24.000 euros ó ano durante unha década e 19 cupóns máis con cadanseus 400 euros. Este vendedor coida que case tódolos premios foron a parar a mans de clientes habituais aquí do Grove. Aínda quedan premiados por aparecer; algúns dos cales se daban de conta xusto cando ían a comprobar o boleto e a comprar outro. Con todo, el tamén se sinte afortunado porque con tan só seis meses vendendo no Grove xa repartiu a sorte entre os seus clientes. A maioría da xente enterábase está mañá da feliz nova; era este o momento no que moitos lamentaban non ter comprado e tamén para soñar o que farían eles con ese soldo mensual durante dez anos. Nestas enquisas, os turistas aseguráronnos que non marcharían do Grove sen levar consigo alomenos un boleto da lotería de Nadal, a ver se a sorte que recalou esta fin de semana no Grove se anima a acompañalos tamén ata a diáspora.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/05/once.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/05/premio_once_grove.mp4{/flowplayer}