Unha senda peonil unirá Area Secada coa Ameixida

    RIBEIRA> O executivo local vén de sacar a licitación o proxecto de recuperación e interpretación da senda mariñeira entre os lugares de Área Secada e o Porto da Ameixidanha. trátase dunha actuación incluída tamén no proxecto ‘Riveira Atlántica 2015’. Conforme ó anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, a actuación ten un prezo de licitación de preto dos 400 mil euros e o seu prazo de execución será de seis meses. aquelas empresas interesadar en asumir a execución desta obra teñen de prazo para a presentación de ofertas ata o vindeiro 17 de marzo. A realización deste proxecto constitúe unha prolongación do paseo marítimo polo borde litoral que une a cidade de Ribeira co Touro, actuación xa executada.