Lazareto acampará en As Malveiras se a Xunta non abre o diálogo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/24/protesta_lazareto_malveiras.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/24/protesta_lazareto_malveiras.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Lazareto mantén o pulso á administración. Esta mañá, membros do colectivo volveron tomar de xeito simbólico as Malveiras. Un acto reivindicativo que repetirán nos vindeiros días e ó que engaden un ultimátum: se esta semana a Xunta non convoca unha reunión, Lazareto acampará nas illas de xeito indefinido.

Lazareto está disposto a dar un paso máis nas súas reivindicacións. O colectivo de mariscadores sen permex non pensan abandonar a súa loita, por iso dan un ultimátum á Xunta.

Aseguran que a solución pasa por sentarse a negociar sen condicións previas e no que ambas partes, furtivos e administración, acheguen posturas para pór en marcha un plan de recuperación nas Malveiras.

Segundo asegurou hai unhas semanas a conselleira do Mar, no seu departamento aínda se está a agardar por un plan piloto que o colectivo presentaría no 2012; un proxecto que nunca chegou, insiste Ribadomar, polos impedimentos dos que hoxe continúan a opoñerse. 

Dende Lazareto, insisten en que as súas reclamacións non interferirían co traballo de ningunha das outras agrupacións que faenan na zona. Especialmente coa de a flote, a máis reticente a que estes mariscadores traballen nesa área.

Lazareto tamén iniciará unha recollida de sinaturas en apoio ás súas demandas.