CAMBADOS> Pois precisamente nese pleno tamén se abordou a polémica do mercado ambulante de Cambados. O líder de Cambados Pode acusou a Xurxo Charlín de ameazas e coaccións ós vendedores, palabras que lle custaron dúas chamadas á orde. Estas acusación chegan nun momento no que o goberno local acadou un acordo cos vendedores ambulantes para reabrir o mercado.
A reapertura do mercado ambulante de Cambados, finalmente, acordouse antes do pleno no que se trataría esta cuestión. Para elo foi necesario que o goberno local se reunise cos vendedores ambulantes. Ambas partes expuxeron as súas propostas e finalmente os 180 comerciantes ambulantes de Cambados abrirán os seus postos o vindeiro 27 de maio.
Estas normas obrigan a separar os postos 6 metros de forma frontal e 3 de forma lateral. Para axustarse á normativa o mercado ambulante ampliarase.
O traslado dos posto á rúa Nova foi o foco da polémica xurdida entre ambas partes. Con este novo acordo, 16 postos terá que trasladarse temporalmente a esta localización. Dende o goberno aseguran que cumprirán con todas as medidas de sanidade.
O concello preparou os informes de planimetría e das medidas de seguridade para comunicarllas a Portos e á consellería de Sanidade. Se todo está en orde, o mercado ambulante regresará o vindeiro mércores 27.