Edugal volve concentrar toda a oferta educativa de Galicia

PONTEVEDRA> Edugal 2014 abriu hoxe as súas portas. Durante tres días, o Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia concentrará no Recinto Feiral de Pontevedra diferentes opcións educativas, ofrecendo unha información personalizada ós que queiran achegarse.

Que lles parecería ter toda a oferta educativa concentrada nun único lugar? Pois iso é o que ofrece Edugal, o salón que abriu hoxe as súas portas.

Durante tres días, prevése que máis de 18 mil persoas pasarán a informarse nos diferentes stands. Escolas profesionais, universidades, institutos, conservatorios, Forzas Armadas… todos están representados en Edugal

Xa antes da inauguración oficial, moitas persoas buscaban información. Algúns para poder transmitila. Outros para empregala de primeira man. Pero todos satisfeitos coa iniciativa.

Na súa terceira edición, Edugal aposta especialmente polo emprendemento e a formación dual. 

Aínda que nova, a iniciativa é ambiciosa e quere consolidarse como referente en Galicia e Norte de Portugal. Ofrecendo unha fiestra aberta á información sobre o amplo abano de opcións cara as que poder orientar o futuro dos que aínda dubidan.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/26/edugal_260214.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/26/edugal_260214.mp4{/flowplayer}